Numeracion Curtis logos

Aberta a convocatoria de solicitudes de participación para produtoras e artesanas no Mercado da Deputación

Publícase no BOP a convocatoria de solicitudes de participación para produtoras e artesanas da provincia da Coruña no Mercado da Deputación: https://bop.dacoruna.gal/.../2023/07/06/2023_0000005286.html
 
👉O Mercado da Deputación está xa converténdose nun recurso de referencia de promoción económica local en distintos eventos que se desenvolven na provincia polo que a novidade desta convocatoria é que non está limitada únicamente a presencia e participación no Festival da Luz como nas anteriores convocatorias, de ahí tamén o cambio de enderezo electrónico a través do que se pode solicitar información e achegar solicitudes de participación: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
👉Cada un destes eventos establece requisitos diferentes de participación, polo que a presencia das artesáns e produtoras dependerá do cumprimento dos mesmos, entre eles a demanda de mais actividades de demostración e pequenos obradoiros.
As datas iniciais previstas serían:
O Festival da Luz en Boimorto: 25, 26 e 27 de agosto
O Recorda Fest no porto da Coruña: 8 e 9 de setembro
O Festival das Ideas e da Cultura, praza de Maria Pita da Coruña: 8 e 9 de setembro
Festiletras en Ponteceso: 1 ao 3 de setembro
 
AYUDAS VIVIENDA 1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.