ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS 2023/2024
O Concello de Curtis oferta 21 actividades deportivas e culturais.
Na súa aposta polo deporte e a saúde o Concello de Curtis vén de presentar as actividades municipais para este curso 2023/2024
Neste novo curso preséntase como novidades a creación dun grupo de marcha nórdica e grupo de running. Ademais o programa, que arranca o 2 de outubro, inclúe as xa habituais actividades de fútbol sala, patinaxe, ximnasia artística, pilates, mantemento integral de adultos e maiores, obradoiros de memoria, inglés,informática... entre outros.
O prazo de inscrición xa está aberto e poderase formalizar a matrícula ata o día 22 de setembro nas oficinas municipais de Curtis ou na Casa do Concello en Teixeiro.
DESCARGA O TRIPTICO AQUÍ: TRIPTICOS_ACTIVIDADES_CONCELLO_DE_CURTIS_2023-2024_ok.pdf
