UV BANNER Curtis 2023 web

POLÍGONO AGROFORESTAL SANTAIA FOXADO PROMOVIDO POLA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL A TRAVÉS DE AGADER

A Consellería do Medio Rural iniciou a exposición pública do mapa de ordenación de usos agropecuarios e forestais do polígono agroforestal de Curtis (Santaia-Foxado) no mes de marzo. Os propietarios puideron presentar as propostas ou alegacións que estimaron conveniente ata o 15 de xuño. 
 
Previamente o 22 de febreiro deste 2023 a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, acompañada do alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos, mantivo unha reunión informativa con veciños implicados no polígono agroforestal. Deste xeito, os habitantes das parroquias de Santa Eulalia e Santa María de Foxado puideron coñecer o procedemento que esixe un polígono agroforestal e a súa ordenación de usos así como do Catálogo parcial de solos agropecuarios e forestais. 
 
Xa en novembro de 2022 a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé acompañada por Alfredo Fernández, Subdirector de Mobilidade de Terras, o alcalde do Concello de Curtis e tres técnico de AGADER, reuníronse  cos gandeiros de Curtis para falar do polígono agroforestal da localidade onde recolleron as opinións e preferencias dos gandeiros ao respecto da planificación e ordenación dos usos agroforestais. 
 
Información sobre o polígono: 
 
Este polígono, que se proxecta nunha superficie dunhas 3.400 hectáreas divididas en case 6.200 parcelas, permitirá levar a cabo unha ordenación dos usos agrogandeiros e forestais, así como mellorar a estrutura territorial mediante unha reestruturación da propiedade e a identificación das necesidades de agricultores, gandeiros e silvicultores. Cómpre lembrar que os polígonos agroforestais son un dos instrumentos de mobilización que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
 
 
RECURSOS: 
 
Información do polígono agroforestal na páxina web de AGADER onde podes consultar, entre outros, o acordo de inicio e o mapa de ordenación de usos agroforestais: polígono agroforestal 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.