Numeracion Curtis logos

Sesión plenaria 20 de outubro

Celebrada unha sesión plenaria ordinaria na que trataron diferentes puntos da orde do día. Destaca a aprobación de modificación de crédito para a realización de diferentes actuacións con remanente de tesourería por importe total de 1.013.686,74 €. Na modificación inclúense partidas para melloras en rede viaria, equipamento, parques infantís e, en resumo, servizos básicos e fundamentais cos que se pretende dar cumprimento ás demandas dos veciños. Esta modificación foi aprobada con votos a favor do PP e a abstención do BNG.

Tamén se aprobou inicialmente a Ordenanza reguladora do prezo público de actividades deportivas,educativas, culturais, sociais e análogas do Concello de Curtis na que se fixan unhas novas tarifas, as cales estaban conxeladas dende o ano 2012. A providencia da alcaldía expón que se realiza esta actualización “Tras un análise dos prezos que se viñan cobrando, e tendo en conta a realidade socio-económica deste Concello, así como a xestión deste tema por parte dos concellos limítrofes, e tras a oportuna reunión cos diferentes departamentos”. Este punto foi aprobado cos votos a favor do Partido Popular e a abstención do Bloque Nacionalista Galego.

Outros dos puntos aprobados foi a Dación de conta do informe sobre control financeiro do contratos menores tramitados en 2022 por unanimidade, a Ratificación do Decreto n.o 700 de 17/10/2023 sobre encomenda de xestión no Concello de Sobrado para contratación de Axente de Emprego Local e aprobación de convenio de colaboración coa aprobación tamén por unanimidade, a Ratificación do Decreto n.o 613 de 12/09/2023 polo que se aprobou o axuste das anualidades da Terceira Addenda do Convenio de colaboración entre a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Curtis para a mellora do abastecemento no núcleo de Teixeiro por unanimidade e a aprobación da política de seguridade no Concello de Curtis por unanimidade.

IMG 5817

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.