A nova pranta de transferencia sita no polígono de Teixeiro entrará en funcionamento o vindeiro 2 de xaneiro
Cunha inversión de 1,8 millóns de euros, a nova pranta de transferencia sita no polígono de Teixeiro, que sustitúe á anterior micropranta, entrará en funcionamento o vindeiro 2 de xaneiro, data a partir da cal acollerá a bolsa negra, bolsa amarela e marrón procedentes dos concellos aos que dará cobertura, esto é: Curtis, Sobrado dos Monxes e Vilasantar.
Dada a súa maior capacidade – que poderá chegar ata as 17.000 toneladas anuais-, eficiencia e funcionalidade, tamén estará a diposición doutros 15 municipios máis, cunha poboación incorporada de 40.080 habitantes.
Así o comunicou esta mesma mañá o presidente de Sogama, Javier Domínguez, ao alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, nunha reunión mantida na sede da empresa, en Cerceda.
Ademais de trasvasar as fraccións de residuos correspondendes ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) e xenérico (resto), a pranta, está preparada para acoller a materia orgánica recollida a través do contedor marrón, integrándose na rede de infraestructuras públicas desplegadas en Galicia pola Xunta (17 en total: 4 prantas de biorresiduos -unha por provincia- e 13 de transferencia de apoio) para compostar a materia orgánica.
A esta rede destínase unha inversión de 45 millóns de euros, dos cales 30 millóns proceden dos Fondos FEDER REACT como resposta da Unión Europea á crisis da COVID-19.
Ubicada no polígono industrial de Teixeiro, nunha parcela de casi 8.000 m², a nova pranta de transferencia de Curtis conta cunha nave de 600 m², unha zona verde de aproximadamente 1.300m2 e está equipada cun compactador fixo, unha báscula, un sistema de traslación con capacidade para tres contedores, un aparcadoiro e un edificio destinado a oficina, vestiario e almacén.
Así mesmo, é autosuficiente dende o punto de vista enerxético ao estar dotada con paneis fotovoltaicos para aproveitar a enerxía solar, contribuíndo desta forma á loita contra o cambio climático ao reducir a dependencia dos combustibles fósiles.
O Concello comunicou esta mañá a implantación do contedor marrón a partir do día 26 deste mes.