Seis reunións para informar aos veciños do concello sobre as últimas novas no municipio
O pasado xoves e venres o alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, e os membros do equipo de goberno realizaron un total de seis reunións veciñais para informar á veciñanza sobre as últimas novas do municipio. As reunións tiveron lugar nos locais sociais de Paradela, Foxado, Santaia e A Illana así como no Recinto Feiral de Curtis e no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro.
Os temas a tratar foron: as últimas obras executadas no 2023 así como as que están pendentes de realizar no 2024, información sobre as novas empresas que se van a instalar no Polígono Industrial de Teixeiro, a aprobación dos orzamentos do 2024 e a actualización de taxas e prezos públicos das actividades municipais.
Imaxe da reunión en Paradela:
Imaxe reunión Foxado:
Imaxe reunión Curtis:
Imaxe reunión Santaia:
Imaxe reunión A Illana:
Imaxe reunión Teixeiro: