UV BANNER Curtis 2023 web

O Concello de Curtis presenta as actividades en torno ao Día da Muller coas que ensalzará o papel da muller na arte.

A Área de Igualdade a través do Centro de Información á Muller (CIM) presenta a campaña que se desenvolverá en torno ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no Concello de Curtis.

Esta mañá a concelleira de Igualdade, Eva Lata, avanzou unha serie de actividades que se
desenvolverán nos vindeiros días dentro desta campaña que ten como foco a muller na arte.
Adiantaba a concelleira que como acto central realizarase a inauguración dunha nova
exposición de pintura na casa-museo de María Antonia Dans comisariada pola veciña curtienseCarmela Taboada o sábado día 9 de marzo ás 12:00 horas.

A exposición estará aberta ao público dende o 9 de marzo ata o 9 de abril e expoñeranse os
cadros realizados por 10 membros do Grupo Galeoska do que forman parte, ademais da veciña curtiense, artistas como Lola Sanz, Martina Bugallo, Loli España, A neto do Camilo, Mavi Castiñeiras, Isabel Soutullo, Szabó Viktória, Sergio Ribeiro e XMÑ. Por outra banda, a tamén veciña de Curtis e estudante de Belas Artes, Elvira Sánchez, pintará tres murais no pobo de Curtis cos que se abordará a temática da muller rural.


A concelleira explicaba esta mañá “No Concello de Curtis contamos co legado da artista
curtiense María Antonia Dans, muller artista comprometida coa súa condición feminina nuns
tempos en que esa actitude supoñía unha toma de conciencia e unha loita. Agora, con estas
dúas actividades enmarcadas dentro da campaña do 8 de marzo queremos continuar
ensalzando o papel da muller curtiense e artista e por suposto o papel da muller nas artes e en
calquera ámbito. Elas son un claro exemplo do papel da muller curtiense artista no pasado, o
presente e o futuro”.

Ademais destas dúas accións, a programación do 8M tamén recolle a celebración da Mesa de
Coordinación Interinstitucional fronte a violencia de xénero do Concello de Curtis que se
desenvolverá o día 15 de marzo no Salón do Recinto Feiral e no que se recollerán propostas
para novo Plan de Igualdade Municipal (PIOM).
Ao igual que en anos anteriores, continuaranse coa formación nos CEIP de Curtis e Teixeiro e
IES de Curtis en materia de igualdade.

Cartel 8m día de la mujer manifestación foto morado

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.