UV BANNER Curtis 2023 web

O Goberno local esixe á Deputación que licite o proxecto de arranxo da estrada de Santaia e a Carregosa

O Goberno local propón ao pleno da corporación de maña que a Deputación da Coruña licite o proxecto de ampliación e mellora da vía provincial DP-3201 (dende o cruce coa AC231 ata Santaia e a Carregosa)

A situación actual deste tramo na vía DP-32-01 é verdadeiramente crítica, como se pode observar nas fotografías adxuntas. A actuación require da maior urxencia posible xa que a problemática perxudica claramente a circulación, sendo un tramo con gran fluxo de vehículos e maquinaria agrícola derivada das explotacións e da cooperativa Cusoviame S.C.G que dispón de máis de 500 socios e por todos os veciños e usuarios da zona.

Urxe que dende a Deputación da Coruña se leve a cabo a actuación na maior brevidade posible polo estado actual da vía, polo ancho da mesma que impide a circulación regular de dous vehículos pesados e polo risco diario para todos os usuarios.

santaia

santaia 2

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.