UV BANNER Curtis 2023 web

Programa naturalmente en morado

O “programa naturalmente en morado”, é un programa encamiñado a traballar a prol dá igualdade e en contra da violencia de xénero, ofrecendo dende accións formativas cun enfoque preventivo, ata intervencións terapéuticas a mullers vítimas de violencia de xénero ou en risco.

As actuacións levadas a cabo neste programa son as seguintes:

• Taller grupal a forza da TO como elemento rehabilitador, prevención vg. O obxetivo principal e o empoderamento das asistentes, que pasa por comprender conceptos clave na torna da igualdade e prevención da violencia de xénero.

• Asesoramento xurídico a mulleres migrantes. Busca ofrecer un asesoramento especializado a un colectivo específico, para garantir os seus dereitos e promover a igualdade.

• Empoderamento feminino con cabalos en mulleres recluídas. Ou obxetivo pasa alcanzar un empoderamento a través da equinoterapia, ademáis de xestión de emocións, resolución de conflitos, traballo en equipo, entre outros.

• Taller de fotografía e exposición con mulleres recluídas. Traballamos ou autoconcepto e a seguridade, tratando de traballar as AVDB da vida diaria das mulleres recluídas, así coma o empoderamento.

• Taller de muller e autocuidado. Atención, orientación e acompañamento. O acceso ao autocoidado como medida a prol dá igualdade.

• Guía asistencia a exposición de fotografía Helmut-Newton. Saída regulada e terapéutica que buscaba xerar unha mirada crítica, así coma unha seguridade nelas mesmas, autocoñecemento e introspección.

• Taller de arxila como elemento transformador en arteterapia. A arxila é un material que contén basicamente auga e terra. É altamente manipulable e transformable, o cal xera unha sensación de control e de capacidade, que ten efectos directos sobre a autoestima da persoa. Non só nos permite modificar as nosas percepcións persoais, senón tamén as nosas emocións. É por isto que a arxila se usa como elemento de transformación en arteterapia. O enfoque é terapéutico para tomar conciencia da creación da peza en si.

• Taller de restauración afectiva. As mulleres que sofren violencia de xénero ven afectada a súa autoestima e senten e manifestan desequilibrio nas súas vidas. Con este taller búscase ensinarlles de maneira dinámica que a pesar de atravesar un proceso difícil e duro poden volver brillar, como o fixo o obxecto co que traballaron. Ademais de verse capaces de facelo elas mesmas, como donas do seu propio proceso. Os obxectivos son o traballo na autoestima e autoconocimiento e equilibrio ocupacional.

• Taller ocupacional artesanía manual. Tocar, sentir, moldear, tecer, practicar a xardinería, pintar... Todas estas tarefas manuais xeran un gran benestar no noso cerebro, tanto é así, que nos recompensa con endorfinas, reducindo así o estrés e mesmo a ansiedade. Búscase por tanto mellorar o estado psico-social e afectivo das mulleres participantes.

• Taller de protocolo. Trátase dun taller que tratou os seguintes módulos: 1. Necesidade do protocolo e os conceptos clave, 2. Trato en entrevistas, 3. Entrevista de traballo. A necesidade de facilitar a introdución deste colectivo de mulleres no ámbito laboral, consideramos que pasa por controlar o medio de acceso ao mesmo. Comprender a importancia, coñecer en trato nas entrevistas e enfrontarse a unha entrevista en si.

si435a modelo cartel vx concesllos cast 1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.