DesTAPAte: a ruta gastronómica para disfrutar do queixo e da nabiza en 25 locais de hostelería do Concello de Curtis nesta ponte da constitución
Mezclada con manzanilla, protexe do mal de ollo; macerando o nabo con azucre, cura os catarros; frotando as súas follas contra a pel, fai desaparecer as verrugas; colocándoa sobre as
feridas, coagula a sangue... a sabiduría popular confire moitas propiedades á nabiza, pero a súa función máis extendida é combatir o frío inxerindo o seus saboroso caldo. Con este remedio gastronómico para o frío e xunto co queixo de Curtis con denominación de orixe Arzúa-Ulloa formarán un total de 25 locais do Concello de Curtis as tapas e menús da ruta desTAPAte.
Unha ruta organizada polo Concello de Curtis que ten como obxectivo ensalzar
dous dos produtos típicos da zona e darlle un impulso á hostelería do
municipio nesta ponte da Constitución.
A ruta comezará o venres 6 de decembro e rematará o domingo día 8. Os
locais repartirán con cada consumición tapas ou menús elaborados con queixo
ou nabizas de forma gratuíta. Esta homenaxe consolídase como unha das citas
gastronómicas máis coñecidas na comarca.
Adxuntamos cartel onde se indican os nomes do locais participantes e as tapas
que se ofrecerán: diptico_DESTAPATE_TAPAS_CONCELLO_DE_CURTIS_2024_low.pdf