O CONCELLO DE CURTIS DENUNCIA UNHA SUCESIÓN DE INCIDENTES VIOLENTOS QUE AFECTAN Á SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello de Curtis quere manifestar publicamente a súa preocupación ante unha reiteración de actos delituosos e altercados protagonizados por un mesmo individuo en Teixeiro, os cales están xerando un profundo malestar social, alarma veciñal e deterioro da convivencia cidadá.
Segundo diversas testemuñas o individuo en cuestión está implicado en:
- Roubos en diferentes establecementos comerciais
- Danos en máquinas expendedoras
- Subtracción de combustible a vehículos pertencentes a unha empresa dedicada á obra de forma pública e privada
- Diversos altercados e agresións físicas, incluíndo un incidente no que presuntamente fire a outra persoa cunha chave na cabeza.
- Ameazas con arma branca en terrazas e espazos públicos durante o pasado verán, intimidando a veciños e clientes.
- Enfrontamentos recentes no interior e exterior de varios locais, incluíndo diversas desfeitas materiais e episodios de violencia.
Un dos episodios máis graves tivo lugar hai apenas un par de semanas nun local de hostalería do centro de Teixeiro, arredor das 21.00 horas. En presenza de varios clientes e da propietaria do establecemento, o individuo comezou a causar diversos danos ao local; rompeu varias copas, lanzou un obxecto contra a pantalla dun televisor provocando a súa ruptura, crebou a porta principal, etc.
As forzas e corpos de seguridade do Estado constan do suceso de ditos feitos, de feito a
persoa implicada conta cunha orde de repatriación ao seu pais e ten varios procedementos penais pendentes en España.
Ante esta situación de deterioro continuado da convivencia, o Concello de Curtis insta ás autoridades competentes a adoptar con urxencia as medidas xudiciais e policiais necesarias para poñer fin a esta problemática e restablecer a normalidade e seguridade cidadá no municipio.
