🌞 ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES | MADRUGADORES E LUDOTECA 2026-2027
O Concello de Curtis informa da apertura do prazo de inscrición nos servizos de Madrugadores e Ludoteca para o curso 2026-2027 (10 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación da presente publicación).
👧👦 Servizos destinados a facilitar a conciliación familiar e laboral das familias.
📍 Centros:
✔ Curtis
✔ Teixeiro
🕒 Modalidades dispoñibles:
• Madrugadores fixo e esporádico
• Servizo con e sen almorzo
• Ludoteca fixa e esporádica
📄 As solicitudes poderán presentarse:
✔ No Rexistro Xeral do Concello
✔ A través da sede electrónica
A documentación achegada servirá para a aplicación do baremo e sistema de puntuación das solicitudes, segundo as circunstancias familiares e laborais de cada unidade familiar.
Entre a documentación poderá requirirse:
• Certificado laboral
• Libro de familia
• Documentación de familia numerosa ou monoparental
• Custodia compartida/garda
• Xustificante de pagamento nos servizos esporádicos
• Certificado bancario
• Informe médico por alerxias/intolerancias, se procede
⚠ IMPORTANTE
As listaxes provisionais e definitivas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello.
📥 Máis información:
Concello de Curtis
ficha_insc._concilia_madrugadores_y_ludoteca.pdf

