Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Co gallo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o CIM do Concello de Curtis o 26 e 28 de novembro desenvolverá unha actividade de sensibilización nos centros de educación primaria de Teixeiro e Curtis. O obxectivo é que o alumnado 5º e 6º de primaria reflexione sobre as causas da violencia de xénero na nosa sociedade e as súas posibles solucións. Deste xeito a través de dinámicas de grupo elaborarase un mural con distintas propostas, sendo premiadas aquelas seleccionadas por un xurado composto por persoal dos centros educativos e do CIM. O horario das actividades é o que a continuación se indica:
26 de novembro: CEIP Teixeiro
10:20 a 11:10: actividade co 5º curso
11:10 a 12:00: actividade co 6º curso
12:30 a 12:50: entrega de premios
28 de novembro: CEIP Curtis
10:15 a 11:10: actividade co 5º curso
11:10 a 12:05: actividade co 6º curso
12:30 a 12:50: entrega de premios
Estas actividades forman parte das accións a desenvolver polo CIM nos centros educativos do concello e teñen como obxectivo sensibilizar na igualdade de oportunidades, distribuíndose material divulgativo neste senso.
Dando continuidade ó traballo do Concello de Curtis na igualdade esta acción enmárcase dentro das áreas de actuación de violencia de xenero; educación, formación e emprego do II plan de igualdade de oportunidades do Concello de Curtis (2009 – 2012).