EXPOSICIÓN “CARTAS DE AMOR” 2013
Este luns 14 de xaneiro tivo lugar no IES de Curtis o acto de inauguración da exposición "Cartas de Amor" no que se recitaron poemas de amor de distintos poetas consagrados. Inaugurou a exposición Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade acompañada de Javier Cainzos Vázquez, alcalde de Curtis, o persoal do Centro de Información da Muller do Concello, o alumnado e o persoal do propio Instituto de Ensinanza Secundaria de Curtis.
A continuación a Secretaria Xeral visitou a casa consistorial do Concello de Curtis e asinou no libro de ouro do concello.