MESA LOCAL DO COMERCIO DE CURTIS
O martes 18 de febreiro tivo lugar no Edificio Multiusos de Curtis a reunión da Mesa Local do Comercio, na que se trataron entre outros puntos convocar a todo o comercio local de Curtis e Teixeiro a unha xuntanza para tratar as suxerencias, iniciativas e propostas conxuntas coa intención de incentivar e apoiar ó comercio local.
Esta convocatoria terá lugar o luns 18 de marzo no Edificio Multiusos en Curtis e o luns 25 de marzo no Edificio Usos Múltiples de Teixeiro, ámbas ás 21.15h.