Banner XX Premio de rarracion curta

O PLENO DA CORPORACIÓN APROBRA A PROPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL DE ADHESIÓN Ó CONVENIO PARA A CREACIÓN DUN FONDO SOCIAL DE VIVENDAS

O pasado 17/01/2013 a FEMP suscribiu o Convenio para a creación dun Fondo Social de Vivendas para afectados por desafiunzamentos, xunto co Ministerio de Economía e Competitividade, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Fomento, o Banco de España, distintas entidades financeiras e a Plataforma do Terceiro Sector.

O convenio contempla a creación dun fondo social de viviendas destinadas ó aluguer, constituido cunhas seis mil vivendas, achegadas polas entidades financeiras e ás que poderán acceder persoas que foran desaloxadas da súa primeira vivenda a partires do 1 de xaneiro de 2008 e que, ademáis, se atopen en situación especial de vulnerabilidade social.

A adhesión ó devandito Convenio implica que o Concello de Curtis establecerase como Entidade Local Colaboradora, de xeito que se compromete ó desenvolvemento das seguintes funcións:

- Asesorar a quen solicite información sobre o procedemento para solicitar unha vivenda dos fondos sociais

- Emitir, no prazo previsto, un informe, a petición dunha entidade de crédito, un informe sobre a valoración das circunstancais sociais do solicitante da vivenda, co gallo de priorizar entre os demandandantes da mesma

- Colaborar coas entidades de crédito, cando así sexa acordado, na avaliación das solicitudes en canto ó cumprimento dos requisitos se refire

- Difundir no territorio e informar ós cidadáns sobre o obxecto e contido do referido Convenio

O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a dita proposta e remitu o documento a FEMP de cara implementación do dito convenio.

Dende o Goberno Municipal estanse a buscar altrentaivas para evitar o drama social que se están a vivir moitas familias.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.