SEMANA DA MULLER
Co gallo da celebración do 8 de marzo o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Curtis está a desenvolver a "Semana da Muller". Durante a mesma, organizaranse sendos talleres de busca de emprego, en Curtis (05/03/2013) e en Teixeiro (07/03/2013), sendo necesaria a inscrición previa para a súa asistencia.
Por outra banda, o mércores 6 haberá unha charla informativa relativa ó réxime xeral da Seguridade Social para os/as empregados/as do fogar en ambas localidades.
Finalmente, o venres 8 ás 20:00 h. celebrarase un acto durante o cal algunhas mulleres relatarán a súa traxectoria persoal e laboral e se recoñecerá ás mulleres do Concello os esforzos realizados para a súa mellora profesional.