Numeracion Curtis logos

INTERCAMBIO EN VAL DI SOLE DO 28 DE XUÑO AO 4 DE XULLO

O Concello de Curtis está a participar como socio no proxecto italiano "Participar democráticamente", que se desenrola dentro da acción 1.3 do programa Xuventude en Acción.

Neste proxecto participan 4 municipios e 4 asociacións de Italia, Hungría, Portugal e España, cun total de 40 xóvenes que se reunirán durante unha semana en Val di Sole para darlle punto e final ao proxecto.

Ao ser socios do proxecto temos 6 prazas para que, xóvenes empadroados no concello de Curtis de entre 18 e 26 anos, asistan ao intercambio en Val di Sole do 28 de Xuño ao 4 de Xullo. O custo será sobre 200 €, que cubrirá tódolos gastos que ocasiona o intercambio: gastos de viaxe, aloxamento, manutención, actividades...

A admisión será por rigoroso orde de inscrición ata cubrir a totalidade das prazas. As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico confirmando a súa praza; de non recibir comunicación de praza o último día de inscrición entenderáse que non obtivo praza.

O prazo para anotarse comeza o día 4 de abril as 18:00 horas e finaliza o 12 de abril as 14:00 horas. Tódalas persoas interesadas en participar deberán mandar un formulario de contacto a través da dirección http://www.curtis.es/index.php/gl/contacto e cos seguintes datos:

ASUNTO: INTERCAMBIO VAL DI SOLE

Nome e apelidos:
Dirección:
DNI:
Data de nacemento:
Teléfono:
Correo electrónico:

Máis información: Casa do Concello de Curtis ou 981 78 90 03

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.