Numeracion Curtis logos

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN NA MONTAÑA CORUÑESA

Conciliacion montana_01Do 25 de marzo ó 1 de abril tivo lugar no Centro de Ocio Infantil de Curtis o desenvolvemento do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa. As actividades lúdico – educativas, dirixidas a rapaces e rapazas de tres a doce anos, tiñan como obxectivo favorece-la conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos pais e nais do noso Concello. A iniciativa, subvencionada pola Deputación da Coruña, ten entre outros obxectivos realizar actividades coeducativas co gallo de que as crianzas interioricen o principio de igualdade entre homes e mulleres.

Foron vinteún os participantes que acudiron ás actividades, sendo seis nenos e quince nenas. Polo que idades respecta o maior número de crianzas tiña sete anos, seguido polas idades de seis e cinco anos, respectivamente. As actividades que maior éxito tiveron foron as manualidades e os contacontos.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.