ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "PRESUME DE PRACEIRA E PRACEIRO"
Hoxe ás 12.00h tivo lugar a entrega de premios do concurso "Presume de praceira e praceiro", do que resultaron gañadores os seguintes participantes: o primeiro premio por valor de 75€ foi para C. V. N. veciña de Curtis, o segundo premio por valor de 50€ foi para M. V. H. veciño de Santaia e o terceiro premio por valor de 25€ foi para V. S. H. veciña de Curtis. Os premios consisten en cheques de compra que serán canxeados no propio mercado.
Recorden que o concurso continúa e o vindeiro sorteo terá lugar o 3 de maio ás 12.00h no recinto feiral de Curtis.