SEMANA DO COOPERATIVISMO NO CONCELLO DE CURTIS
O concello de Curtis organiza hoxe xoves día 23 de maio as 19.00 horas no salón de actos do recinto ferial de Curtis unha sesión informativa sobre cooperativismo. Representantes das cooperativas de Cusoviame e Cova de Vales colaborarán na presentación das súas experiencias como exemplos de éxito cooperativo.
Esta xornada coincide coa exposición itinerante "Descubre as cooperativas" que está aberta a todo público no mesmo recinto de 10.00 a 14.00 e de 14.00 a 19.00 horas e o venres de 10.00 a 14.00 horas. A exposición conta cunha guía que através de pantallas interactivas nos adentra nos fundamentos do cooperativismo e nas súas vantaxes como modelo capaz de manter e crear emprego.