EXAME BANER HORIZONTAL

O GDR ULLA TAMBRE MANDEO APROBA UNHA SUBVENCIÓN PARA RESTAURACIÓN DO RETABLO DA IGREXA DE SANTA EULALIA DE CURTIS

IGREXA DE SANTAIAA Xunta directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, aprobou o pasado mércores, 16 de outubro, unha nova subvención para un proxecto de recuperación patrimonial no Concello de Curtis. O beneficiario, a Asociación Cultural O Progreso, presentou un orzamento de 13.415,06 euros, segundo o cal, e unha vez aplicado o baremo para proxectos non produtivos, lle corresponde unha axuda de 7.062,50 euros.

O proxecto consiste na restauración do retablo da igrexa de Santa Eulalia de Curtis. Concretamente a acción centrarase no lateral dereito, parte que se atopa en peor estado de conservación. A igrexa de Santa Eulalia de Curtis, pertence á parroquia de Santaia, da que foi oriúndo o coñecido bispo San Pedro de Mezonzo.

O retablo pertence ó Neoclasicismo máis puro, movemento que despois da complexidade de formas que caracteriza ó Barroco, buscará a sinxeleza e pureza nas formas inspirado en modelos máis antigos. Está realizado en madeira tallada e unida mediante ensambles varios e cravos de ferro, consta dun só corpo dividido en tres espazos separados por dúas columnas de orde composto, pechando nos laterais con súas pilastras do mesmo orde.

A actuación de restauración consistirá na desinsectación, limpeza e recheo de novos materiais para frear os estragos dos insectos e do tempo e evitar a desintegración final da obra.

O vicepresidente do GDR, e alcalde de Curtis, Don Javier Caínzos Vázquez, ve moi interesante esta iniciativa e propuxo o Grupo de Acción Local que se financiara a dita actuación por contribuir de forma directa o mantemento e conservación do patrimonio histórico do Concello de Curtis.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.