PROXECTO BÚLGARO DE DEMOCRACIA PARTICIPATIVA: XORNADAS PARTICIPATIVAS MÁIS INTERCAMBIO A VRATSA (BULGARIA)
O Concello de Curtis é socio dun proxecto búlgaro de Democracia Participativa, acción enmarcada dentro do programa Xuventude en Acción. Dentro deste proxecto tamén participan asociacións e concellos de Italia, Portugal, España e Bulgaria.
O proxecto ten como actividades dúas xornadas participativas e un intercambio á cidade de Vratsa. As xornadas participativas serán:
1ª xornada: 8 de novembro, co tema "Promoción do diálogo entre os xóvenes e as autoridades locais"
2ª xornada: 15 de novembro, co tema "Voluntariado: desenrolo, promoción e recoñecemento na sociedade"
O intercambio a Vratsa será do 30 de novembro ao 7 de decembro, e poderán participar 4 xóvenes de entre 18 e 30 anos, pagando 200 €
Un dos requisitos para asistir ao intercambio é a participación nas dúas xornadas que se van a realizar o día 8 e 15 de novembro. Poderán participar xóvenes dos concellos de Vilasantar, Sobrado e Curtis.
As datas límites para inscribirse son as seguintes:
1ª xornada: 6 de novembro
2ª xornada: 13 de novembro
Intercambio: 6 de novembro
Para máis información acudan ou chamen á Casa do Concello en Teixeiro ou á Oficina Municipal en Curtis.