EXAME BANER HORIZONTAL

O Concello de Curtis e Augas de Galicia analizan as actuacións para recuperar a capacidade da presa do río Mandeo

encoro da castellana veran

Representantes do Concello de Curtis reuníronse esta semana co director de Augas de Galicia, Roi Fernández, para abordar a situación da presa da Castellana, no río Mandeo. Na xuntanza participaron tamén o presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial Curtis-Teixeiro, Luis González, e persoal técnico.

Durante o encontro analizáronse as actuacións necesarias nesta infraestrutura. Entre elas figuran o dragado do encoro e o incremento da súa capacidade de almacenamento, así como outras intervencións para garantir o servizo de abastecemento de auga.

Como resultado da reunión, o Concello de Curtis matizará e mellorará a súa proposta, incorporando as indicacións trasladadas durante a xuntanza. A partir dese traballo, formularase unha proposta de actuación urxente para dar resposta á situación da presa.

A presa do río Mandeo é unha infraestrutura esencial para o abastecemento de auga ao polígono industrial de Teixeiro, pero leva décadas acumulando lodos e sedimentos que reduciron de forma notable o seu volume útil. Esta problemática púxose especialmente de manifesto durante o episodio de seca dos últimos meses, que levou á Xunta a declarar a prealerta por escaseza de auga na cunca do río Mandeo.

O pasado mes de setembro, os empresarios do polígono acordaron por unanimidade solicitar á Administración autonómica traballos de dragado, limpeza e aumento da capacidade da presa. O Concello de Curtis sumouse a esta petición, e a xuntanza con Augas de Galicia supón un paso máis para avanzar nesta demanda compartida.

Curso de introdución á lingua e cultura galegas

curso introduccion lingua galega curtis rrss

A Xunta de Galicia organiza, en colaboración co Concello de Curtis, un curso de introdución á lingua e á cultura galegas. Está dirixido a maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego.

Terá lugar no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro, en horario de 17:30 a 20:00 horas, os días 4, 6, 9, 11, 13, 16, 18 e 20 de novembro.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 28 de outubro na Casa do Concello de Teixeiro ou na Oficina Municipal de Curtis. Entregarase un diploma ao remate do curso.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.