EXAME BANER HORIZONTAL

Programa 'Concilia na Escola' 2026-2027

Ninos Concilia

O Concello de Curtis vén de aprobar a relación provisional de persoas admitidas e excluídas nos servizos de Madrugadores e Ludoteca para o curso 2026-2027.

Debido á existencia de prazas dispoñibles, inclúense na relación provisional tanto as solicitudes presentadas dentro do prazo ordinario como aquelas presentadas fóra de prazo e rexistradas ata o día 10 de xuño de 2026.

As listaxes poden consultarse no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web municipal. As persoas provisionalmente excluídas dispoñen dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións ou acreditar, se é o caso, a regularización da súa situación.

Existe dispoñibilidade suficiente de prazas para atender a totalidade das solicitudes que cumpren os requisitos establecidos.

DECRETO_PLAZAS_CONCILIA_MADRUGADORES_LUDOTECA_26_27.pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.