Numeracion Curtis logos

O CONCELLO DE CURTIS CELEBROU HOXE O pleno organizativo

  • Aprobadas por unanimidade dúas dedicacións exclusivas: a do alcalde, Javier Caínzos, cunha retribucción de anual bruta de 46.350,50 euros (a mesma que ata a data) e a do concelleiro Iván Maques cunha retribucción anual bruta de 35.000 euros.
  • Créanse 8 áreas de xestión adscritas a cada un dos concelleiros e tres novas tenencias de alcalde.
  • As sesións plenarias ordinarias terán unha periodicidade bimensual, celebrandose o segundo venres dos meses pares. A Comisión de Coordinación reunirase o segundo e cuarto xoves de cada mes.

Curtis-Teixeiro, 26 de xuño de 2023-.  Coa dación de conta dos Decretos da Alcaldía, ditados en relación co nomeamento de tenentes de alcalde, delegación de áreas de goberno e delegación de sinatura a favor de concelleiros comezou este luns ás 14:15 horas, a sesión extraordinaria do pleno de organización da corporación do Concello de Curtis para a lexislatura 2023-27. Nela establecense a incorporación de tres tenentes de alcalde asumindo Julia Díez a primeira tenencia de alcalde, Iván Maques a segunda e Eva Lata, a terceira. Orde aprobada por unanimidade.

Ademais, tamén se aprobaron as áreas de xestión que se sinalan a favor dos concelleiros do municipio. Deste xeito, Julia Díez asume a área de Cultura e Deportes; Eva Lata a área de Benestar Social e Igualdade; Iván Maques, a área de Medio Ambiente, Xuventude e Infraestruturas, Alfonso Gómez, a Área de Medio Rural; Josefa Paredes, área de Sanidade, Feiras e Mercados; Marta Barreiro, a área de Educación, Emprego e Formación; Emilio Souto, a área de Servizos, Emerxencias e Obras e finalmente a Alcaldía asume as áreas de Urbanismo, Facenda, Réxime Interior e Comunicación.

Ademais das áreas de xestión e o novo nomeamento de tenencias de alcalde, veñense de aprobar no pleno de hoxe dúas dedicacións exclusivas, sendo a primeira a do alcalde, Javier Caínzos, cunha retribucción anual bruta de 46.350,50 euros e a do concelleiro Iván Maques cun retribucción anual bruta de 35.000 euros puntos aprobados por unanimidade.

Tamén foi aprobada a proposta da alcaldía sobre o réxime de sesións do pleno polo que as sesións plenarias ordinarias terán unha periodicidade bimensual, celebrando as sesións o segundo venres dos meses pares ás 14:15 horas.

Outra orde do día aprobada por unanimidade foi a creación e composición da Comisión de Coordinación que se reunirá con carácter ordinario o segundo e cuarto xoves de cada mes ás 19:15 horas e estará formada polos membros do equipo de goberno. Tamén se realizou a aprobación da creación e composición da Comisión Especial de Contas (por unanimidade) e o nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados (coa abstención do BNG). Aprobada cos votos en contra do BNG a fixación de indemnizacións por asistencias a sesións de órganos colexiados.

Outra orde do día aprobada (coa abstención do BNG) foi a Terceira Addenda do Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Curtis para a mellora do abastecemento no núcleo de Teixeiro, Curtis.

A encomenda de xestión para xestión e tramitación do Obradoiro de Emprego: Terras da Montaña V e a aceptación de encomenda de xestión para o desenvolvemento do programa de apoio ao CIM e de prevención da violencia de xénero foron aprobadas por unanimidade.

Finalmente realizouse o sorteo para a formación de membros das mesas electorais para as Eleccións Xerais 2023.

IMG 5162

 

 

AXUDAS ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS

 
O importe da subvención será do 40% do custe da actuación, cun límite de 3.000 euros. 
 
 
O prazo de solicitude é ata 2 de outubro de 2023 (ou ata esgotamento do crédito).
 
Na seguinte ligazón podes consultar toda a información: AXUDAS VIVENDA
 
Máis información en Servizos Sociais do Concello de Curtis no 981 789 003 ou no 981 777 105 extensión 2038 ou 2030.
 
AXUDAS VIVENDA

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.