TORNEO PREBENXAMÍN
Como tódolos anos, o pasado 23 de novembro celebróuse no pavillón municipal de Curtis o "Torneo Prebenxamín". Este evento tivo un carácter meramente participativo, no que non houbo nin gañadores nin perderdores. Participaron máis de 70 xogadores dos equipos de: Concello de Guitiriz, Concello de Miño, Troula, Concello de Irixoa, Concello de Monfero, Concello de Aranga, Valles Villamarín, Concello de Ordes e Concello de Curtis.
Tódolos equipos participantes recibiron o mesmo trofeo conmemorativo, entregado polo alcalde do municipio Javier Caínzos Vázquez.