Numeracion Curtis logos

Gañadores do certame TRÁGAME CURTIS

Xa sabemos os nomes gañadores do certame TRÁGAME CURTIS, que este ano contou con 73 traballos presentados. Moitísimas grazas a todo o mundo que se animou a participar e noraboa ás premiadas e ó premiado. A entrega de premios será despois do verán.
Premiadas na categoría A (dos 12 ós 18 anos):
1º premio de 200 euros para Sara Martínez García (San Xenxo, Pontevedra) polo seu relato A DIGNIDADE MEDIDA EN PASOS.
2º premio de 100 euros para Mara Senra Rivas (Pontevedra) polo seu relato NON TAN QUERIDO MANOLO.
Premiada e premiado na categoría B (dos 19 anos en diante):
1º premio de 350 euros para Lara Bacelo González (Mos) polo seu relato CARTA INCONCLUSA.
2º premio de 150 euros para Xulio Romero Suárez (Camariñas) polo seu relato BANDIDO.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

BELÉN DO CAMPO VISITA O OBRADOIRO DE EMPREGO QUE DESENVOLVEN DE MANEIRA CONXUNTA OS CONCELLOS DE FRADES, MESÍA E CURTIS

ObradoirofradescurtismesiaObradoirofradescurtismesia2-1Os tres alcaldes cualificaron de moi positiva a iniciativa, que permitiu formar a 24 alumnos e acometer importantes traballos de conservación nos tres municipios

10 de xuño de 2013.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou esta mañá o obradoiro de emprego realizado de forma conxunta polos concellos de Frades, Mesía e Curtis, que se atopa xa na súa recta final. A Consellería de Traballo e Benestar destinou a esta iniciativa 211.597 euros, beneficiando a 24 persoas desempregadas de cara a mellorar a reinserción no mundo laboral.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.