Actividades nadal 2013
Hoxe día 30 de decembro haberá en Curtis ás 17:00 na Oficina Municipal a actuación de "Acuario", que forma parte do programa de dinamización lingüística "FalaRedes"; e en Teixeiro haberá á mesma hora no Edificio de Usos Múltiples a actuación de "O aviador".
O día 2 de xaneiro haberá a actuación de "A bruxiña no Nadal" en Teixeiro; e en Curtis un obradoiro dos Reis Magos no Centro de Ocio, tamén as dúas actuacións as 17:00 horas.
O día 3 de xaneiro realizaráse "O espíritu do bosque" en Curtis as 17:00; e en Teixeiro á mesma hora realizaráse un obradoiro dos Reis Magos na Biblioteca Municipal.
Todas aqueles nenos e nenas que estén interesados en facer as ofrendas aos Reis Magos o día 5 de Xaneiro, deberán anotarse na Oficina Municipal en Curtis ou na Casa do Concello en Teixeiro.