Convocatoria de selección de persoal, para a cobertura con carácter temporal, de 12 prazas para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (persoal laboral) do Concello de Curtis.
Infórmase a tódalas persoas interesadas en anotarse ó proceso selectivo, para a cobertura con carácter temporal de persoal laboral do Concello de Curtis, de 12 postos de traballo para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal, que o prazo de inscrición é dende o día 20 ó 28 de xuño. Poden consultar as bases da convocatoria nesta páxina web, na Casa do Concello e na Oficina Municipal en Curtis.
BASES_DA_CONVOCATORIA_PARA_GRUPO_DE_EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL.pdf
MODELO_DE_SOLICITUDE_PARA_GRUPO_DE_EMERXENCIAS_SUPRAMUNICIPAL.pdf