PROGRAMA DE CONCILIACIÓN NA MONTAÑA CORUÑESA XULLO
Ó longo do mes de xullo desenvolveuse no Centro de Ocio Infantil do concello de Curtis unha serie de actividades lúdico – educativas dirixidas a rapaces e rapazas e destinadas a favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos seus pais e nais. A iniciativa, enmarcada dentro do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa subvencionado pola Deputación da Coruña, xa se tivo celebrado durante as vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa. Na presente edición