O Concello de Curtis busca o respaldo das administracións para conseguir achegar á comarca da Montaña Coruñesa un servizo de emerxencias eficaz
Curtis-Teixeiro, 7 de febreiro de 2012.- O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, indicou esta mañá que é necesario que o interior da provincia, concretamente a Montaña Coruñesa, conte cun dispositivo de emerxencias, dado que ás dotacións deste tipo máis próximas son as de Betanzos, Arzúa e Ordes, ámbalas dúas a máis de 25 kilómetros do termo municipal de Curtis. O alcalde destacou que no caso de se producir algunha continxencia que precisara dunha actuación urxente, a situación ía ser moi comprometida.