PROGRAMA DE CONCILIACIÓN NA MONTAÑA CORUÑESA
Do 25 de marzo ó 1 de abril tivo lugar no Centro de Ocio Infantil de Curtis o desenvolvemento do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa. As actividades lúdico – educativas, dirixidas a rapaces e rapazas de tres a doce anos, tiñan como obxectivo favorece-la conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos pais e nais do noso Concello. A iniciativa, subvencionada pola Deputación da Coruña, ten entre outros obxectivos realizar actividades coeducativas co gallo de que as crianzas interioricen o principio de igualdade entre homes e mulleres.