O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo selecciona un proxecto do Concello de Curtis enfocado nas novas tecnoloxías.
Un proxecto de implantación de novas tecnoloxías promovido polo Concello de Curtis foi seleccionado como beneficiario dunha axuda do Programa Leader 2007-2013 na reunión da Xunta Directiva do GDR UTM, celebrada o mércores 24 de abril de 2013.
O obxectivo da iniciativa promovida pola entidade municipal é a de familiarizar á poboación local, en especial ós máis novos e os maiores co uso das novas tecnoloxías e a utilización da Internet. O Concello é consciente de que o bo manexo da rede é cada día máis imprescindible na vida diaria, de feito, existen trámites que xa só se poden realizar online.