Partido Deportivo - Sevilla
O vindeiro LUNS 24 de SETEMBRO de 2012, o Concello disporá dun autobús e monitores para desprazar a 50 nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, para asistir a dito encontro no estadio de Riazor.
Para confirmar a asistencia do seu fillo/a, deberán entregar a autorización cuberta e asinada antes das 14:00h do xoves 20 de setembro nas dependencias municipais.
Os participantes quedarán inscritos por rigurosa orde de inscrición, no caso de sobrepasar as 50 prazas, crearase unha lista de reserva para cubrir as posibles baixas.

