Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis súmase á campaña da AECC no Día Mundial contra o Cancro

Cada 4 de febreiro conmemórase o Día Mundial contra o Cancro co fin de sensibilizar e concienciar sobre esta enfermidade.

Nós queremos sumarnos a esta loita e amosar a nosa solidariedade con todas aquelas persoas que padecen esta enfermidade e as súas familias.

Non queremos perder a ocasión de 𝗔𝗚𝗥𝗔𝗗𝗘𝗖𝗘𝗥 o magnífico labor diario da Xunta Local de loita contra o cancro de Curtis-Teixeiro que traballa en colaboración coa AECC A Coruña dende o 2017.

A Casa do Concello situada en Teixeiro e as pistas de pádel de Curtis luciron esta semana a cor verde contra ocancro. 

417464943 785407680298325 2627218577748830926 n

418810265 785407696964990 3924917013748428940 n

417534607 785407703631656 7341060716727671114 n

418151014 785407700298323 4113064926691680013 n

O Concello de Curtis retira vexetación sobrante e plásticos da Ponte Marzá

O Concello de Curtis vén de retirar os arrastres de vexetación deste inverno que estaban a obstruir o paso da auga do río Mandeo pola Ponte Marzá, así o explicou esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente, Iván Maques, quen sinalou que ademais dos restos de vexetación tamén se realizaron tarefas de retirada de plásticos presentes nos márxenes do río.

A labor está dirixida a sacar do cauce a vexetación sobrante para permitir un mellor fluxo da auga e miniminicar as consecuencias das crecidas. A previsión, apunta, é a de continuar coas limpezas e coa mellora e acondicionamento dos entornos naturais.

425600373 784274453744981 6224699659846781159 n

425550968 784274543744972 6675000556552567856 n

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.