EXAME BANER HORIZONTAL

📢 ☀️ ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DOS CAMPAMENTOS CONCILIA NO VERÁN 2026 ☀️📢

O Concello de Curtis abre o prazo para solicitar praza nos Campamentos Concilia no Verán 2026, unha iniciativa destinada a favorecer a conciliación familiar durante o período estival mediante actividades educativas, corresponsables, deportivas, creativas e de lecer nun entorno seguro e divertido 🏖️🎨🤸‍♀️

🗓️ PRAZO DE INSCRICIÓN
➡️ 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación oficial no Taboleiro de Anuncios e na páxina web municipal.

📍 Lugar: Centros de ocio de Curtis e Teixeiro
🕗 Horario: de 7:45h a 14:00h
💶 Prezo: 20€ por asistente e quincena

📅 QUINCENAS DISPOÑIBLES:
✅ 22 de xuño ao 3 de xullo
✅ 6 ao 17 de xullo
✅ 20 ao 31 de xullo
✅ 3 ao 14 de agosto

📝 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
✔️ No Rexistro Xeral do Concello
✔️ Na sede electrónica municipal

📄 Unha vez revisada a documentación presentada, publicarase unha listaxe provisional codificada, na que se relacionará cada persoa solicitante co número de rexistro da solicitude presentada, garantindo así a protección dos datos persoais.

⚠️ No caso de esgotarse as prazas dispoñibles, a adxudicación realizarase conforme ao baremo de acceso por puntos establecido no Regulamento de Conciliación municipal.

📌 Máis información no Regulamento de Conciliación e nas dependencias municipais.

ficha_inscip._campamentos_veran_2026.pdf

 

 

kb

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.