UV BANNER Curtis 2023 web

Camiño de Santiago

caminosantiagoA Compostela hai tantos camiños como puntos de partida, e o que percorre as terras curtienses forma parte do Camiño do Norte ou Camiño Cantábrico (de Irún e Ribadeo á capital galega), vía tan antiga como o Camiño Francés e que foi a preferida, pola súa seguridade, tanto polos reis europeos da Idade Media como polos peregrinos para chegar a Santiago.

A medida que avanzou a Reconquista e as terras do centro e do sur de España recuperaron a paz, o Camiño do Norte perdeu protagonismo, pero o auxe das rutas a Compostela lle devolveu gran parte da súa popularidade e volve ser de novo moi transitada polos romeus.

A paisaxe e o terreo convértena nunha opción moi especial. Crúzanse nel as vías romanas entre Lugo e Padrón, nestas terras de lendas e de vestixios neolíticos. Xa en Curtis, pódense percorrer preto de 23 quilómetros de camiño con grandes mostras da arquitectura local: casaróns, igrexas, hórreos, pontes, etcétera, que comparten espazo coa impresionante contorna natural que debuxan o Mandeo e os montes da Cova da Serpe.

caminodonorte

Desde o Concello propomos tres rutas que atravesan o noso municipio, que recollemos na guía 'Camiño Norte ao seu paso polo municipio de Curtis. Guía do peregrino a Santiago de Compostela' para dar a coñecer estes carreiros cheos de beleza e historia.

  • 'Guía Camiño Norte ao seu paso por Curtis. Guía do peregrino a Santiago de Compostela' pdf

  

Recursos para peregrinos:

Información básica

Red oficial de albergues

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.