Como chegar
Por estrada
Estrada: Curtis atópase a pouco máis de media hora por estrada das principais cidades do norte de Galicia: A Coruña, Santiago e Lugo. A principal vía de comunicación é a N-643, que percorre o municipio dirección este-oeste. De rango autonómico, cruzan o concello dúas estradas en dirección Norte-Sur, que son a AC-231, que une A Castelá (Aranga), Teixeiro e Sobrado dos Monxes, e a AC-230, que finaliza no pobo de Curtis procedente de Montesalgueiro (Aranga).
Por ferrocarril
Ferrocarril: As estacións de ferrocarril de Curtis e Teixeiro dispoñen de conexións diarias tanto de media distancia a A Coruña, Lugo, Ferrol e Betanzos como cara a Madrid e Barcelona.
Información estacións do tren
- A Coruña: 902 320 320
- Santiago: 902 432 343
- Web Renfe
Por avión
Aeroporto: Lavacolla (Santiago) e Alvedro (A Coruña) sitúanse a media hora do municipio.
Información aeroportos:
A Coruña: 981 187 200
Santiago: 981 547 501.
Vigo: 986 268 200
Por bus
Autobuses: Existen varias paradas de autobuses que unen os dous núcleos urbanos (Teixeiro e Curtis) coas cidades de A Coruña e Santiago e coas estacións de tren.
Información estación de autobuses:
- A Coruña: 981 184 335
- Santiago: 981 542 416
- Lugo: 982 223 985
- Ourense: 988 216 027
- Pontevedra: 986 852 408