Intercambios Europa
O irmandamento de Curtis con sete municipios europeos de Francia, Bulgaria Romanía, Letonia e Malta posibilita que os mozos do municipio poidan viaxar a eses países a coñecer a súa cultura e o seu idioma a través de programas de intercambio. Tamén poden vivir estas experiencias a través do Erasmus Plus, que se enmarca na estratexia Europa 2020, Educación e Formación 2020 e na Rethinking Education, que engloba todas as iniciativas de educación, formación, mocidade e deporte. Nos últimos anos participaron nestas iniciativas máis de medio centenar de mozos, que se trasladaron a Italia, Sicilia, Portugal, Bulgaria, Noruega e Turquía, entre outros países.
Os intercambios adoitan ter unha duración de entre 5 e 9 días. Durante este tempo conviven con participantes doutros países.
O Concello acreditouse, así mesmo, para enviar novos voluntarios a calquera país europeo. Só necesitan ter entre 18 e 30 anos e a súa estancia está subvencionada pola Unión Europea.