Curtis Saúde
A área de Deportes pretende incentivar as actividades deportivas, ben nos ximnasios municipais ou nas distintas actividades que se organizan durante todo o ano. Os principais obxectivos son:
- Proporcionar aos participantes un adestramento individualizado para obter un incremento das capacidades físicas básicas, e por tanto, unha mellora na saúde e na calidade de vida.
- Proporcionar un adestramento funcional e terapéutico co fin de recuperar lesións.
Rede Española de Cidades Saudables
Curtis participa na Rede Española de Cidades Saudables da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que pretende fomentar as políticas en materia de promoción e protección da saúde para a mellora da calidade de vida dos cidadáns a través das actividades deportivas para todas as idades.
Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no SNS
A estratexia vai encamiñada a promover hábitos e estilos de vida saudables na poboación do concello, buscando a equidade e o acceso aos recursos municipais. Para o seu desenvolvemento, creouse a Mesa Intersectorial, integrada por responsables do Goberno local, dos centros educativos (CEIP de Curtis e Teixeiro, IES de Curtis e ANPA's) e dos centros sanitarios, co obxectivo dunha mellor detección das necesidades en saúde da cidadanía que axude a adoptar medidas de corrección e a desenvolver accións de maneira coordinada.
A Estratexia de Promoción da Saúde está promovida polo Ministerio de Sanidade a través da FEMP.
- Que é a Estratexia de Saúde? Datos e plans do Concello de Curtis