EXAME BANER HORIZONTAL

PROGRAMA PROVINCIA EMPRENDEDORA - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Curtis, 10 de agosto de 2026

Desde o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), estase a desenvolver o programa Provincia Emprendedora, de fomento do emprendemento e da actividade empresarial na provincia.

Este programa nace concibido como un servizo complementario de sumar recursos para fortalecer o tecido empresarial da provincia.

Provincia Emprendedora busca ofrecer á comunidade emprendedora e ás pemes da contorna ferramentas adicionais como:

• Xornadas prácticas de formación e capacitación orientadas á xestión e consolidación empresarial.
• Espazos de networking que faciliten a conexión entre o tecido emprendedor da provincia.
• Asesoramento especializado por temática, adaptable ás distintas fases de maduración dos proxectos.

 

Convidámoste a coñecer polo miúdo esta iniciativa na súa páxina web: https://emprego.dacoruna.gal/axudas/emprendemento/

Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias - 22/06/2026

Convocatoria: Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.

Obxectivos: Axudas destinadas a acelerar a modernización dos equipamentos e o uso de tecnoloxías que permitan unha utilización máis eficiente dos recursos naturais nos procesos produtivos e a incorporación de equipamento máis eficiente enerxeticamente.

Entidades beneficiarias: Titulares/cotitulares de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou ben ser persoa agricultora moza que se establece cun plan empresarial que inclúe actuacións en materia de mitigación-adaptación ao cambio climático e ao ambiente.

Gastos subvencionables:

a) Máquinas relacionadas coa xestión eficiente de estercos e xurros. A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns non se considera elixible.
b) Máquinas que melloren a aplicación eficiente de fertilizantes.
c) Máquinas que melloren a aplicación eficiente de produtos fitosanitarios.
d) Maquinaria agrícola que optimice a xestión de recursos:
a. Carro mesturador con análise NIR da ración.
b. Tractor con clasificación enerxética A.
c. Robot.
e) Compoñente de agricultura de precisión para a adaptación de equipamentos na explotación:
a. Kit de adaptación ISOBUS.
b. Sensor NIR.
c. Sistema de adaptación de máquinas para traballo variable.
d. Sistema de autoguiado.
f) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

Contía da subvención:
1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 75 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza.
b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
c) 10 % no caso de investimentos en explotación de agricultura ecolóxica.
d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotación sexa muller.
No caso de investimentos en explotación intensiva, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.
2. O investimento mínimo elixible establécese en 12.500 euros.
3. A contía máxima da axuda establécese en 100.000 euros.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitude: 22/05/2026 - 22/06/2026

Contacto:
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
Teléfono: 881997215
Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal

Saber máis: Aquí

 

AXUDAS LEADER - DESENVOLVEMENTO LOCAL

O pasado luns 2 de Febreiro 2026 pola Xunta de Galicia, das cales a Asociación Mariñas-Betanzos é entidade colaboradora na súa xestión.

Nesta Convocatoria hai novedades con respecto a anualidades anteriores, sendo unha delas que o prazo para a presentación de solicitudes de axuda remata no período de dous meses (06/04/2026).

As grandes liñas ou actuacións subvencionables son:

I. Investimentos no sector da produción agraria primaria (proxectos produtivos).

II. Investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios (proxectos produtivos).

III. Investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais (proxectos produtivos).

IV. Investimentos que supoñan a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias (proxectos produtivos).

V. Bono Activa Rural. consiste nunha subvención que se basa nun importe de axuda a tanto global destinada á creación e posta en marcha de actividades non agrarias en estos entornos, cunha axuda máxima de ata 18.000 euros.

Esta axuda estará vinculada ao mantemento da actividade e ao cumprimento do plan empresarial presentado pola persona seleccionada durante, polo menos, cinco anos. Este plan empresarial deberá demostrar a viabilidade económica e técnica da empresa. En este caso, podrán beneficiarse as personas físicas que se den de alta no régimen de traballadores autónomos e xeneren unha actividades empresarial a título individual na que se cree, como mínimo, seu posto de traballo.

VI. Investimentos en proxectos non produtivos. As axudas, con excepcións correspondentes, poderán chegar ata 50.000 euros (porcentaxe de 50% do custe subvencionable no caso de proxectos produtivos, así como o 90% no caso de proxectos non produtivos de prioridade alta). X

 

As persoas interesadas poden: 

  • Revisar a documentación da axuda Aquí
  • Contactar: 981 669 541 (Oficina Técnica Leader) - 671 120 934 (Diego Miranda) - 604 042 339 (Miguel Fernández)

Subvencións PEL Deputación de A Coruña Autónomos e Pemes 2025

imagen diputacionNo DOG nº28 de hoxe, 11 de febreiro 2025, publicáronse as seguintes axudas PEL da Deputación de A Coruña dirixidas ás persoas autónomas:

1) Subvencións de apoio ao a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas durante o ano 2025 (PEL-Autónomos/as/2025)

2) Subvencións á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas (PEL-PEMES CRE/AMP 2025)

3) Subvencións para o mantemento da contratación en pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas no ano 2025 (PEL-PEMES/MANT 2025)

4) Subvencións á consolidación do tecido empresarial nos Concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-EMPREDE INVEST 2025)

O prazo de presentación de solicitudes: 17/02/2025 ás 09:00 horas ata o 17/03/2025, ás 14:00 horas.

Para máis información: Servizo de Orientación Laboral 981789003 Ext.2037

Convocatoria de Ayudas al Empleo Accedemos 2025

Un año más, se pone en marcha la convocatoria de Ayudas al Empleo Accedemos para promover el empleo en áreas rurales y facilitar el acceso al mercado laboral de jóvenes, mayores de 50 años desempleados y colectivos vulnerables.

La convocatoria de 2025 está dirigida a pymes, autónomos y entidades sociales que suscriban nuevos contratos de trabajo, indefinidos o de formación en alternancia, durante este año. Mediante estas ayudas se reembolsará parte de las nóminas de estas nuevas contrataciones durante 9 meses continuados, con un importe de 515€ para contratos de jornada completa, o de 310€ para contratos de jornada parcial.

Para el año 2025, ofrecemos un total de 450 ayudas más 60 adicionales que, con carácter extraordinario, se van a destinar a las comunidades de Valencia y Castilla-La Mancha, para apoyar la recuperación tras la DANA.

Las solicitudes podrán realizarse a partir del 10 de febrero y hasta su concesión total, o, en su defecto, hasta el 30 de septiembre del 2025.

Consulta las bases de la convocatoria y la información para solicitar una de las ayudas en nuestra web o en el teléfono: 91 744 19 29 (de: 09:00 a 14:00h horario peninsular, de lunes a viernes). Enlace a la web: Aquí

Con tu ayuda podemos impulsar el empleo en tu territorio

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.