UV BANNER Curtis 2023 web

Axudas Deputación da Coruña

No Boletín Oficial da Provincia do día 10 de marzo se fixeron públicas as axudas dirixidas a entidades agrarias, labregas, perqueiras e entidades sen ánimo de lucro da Deputación Provincial da Coruña para o exercicio 2017 que se especifican a continuación:

2017/1812 Aprobación das bases específicas do programa de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2017 (FO027A)

2017/1814 Aprobación das bases específicas do programa de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2017 (FO027B)

2017/1817 Aprobación das bases específicas da convocatoria do programa de subvencións FOENIA, dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de investimentos de promoción económica durante o ano 2017

2017/1818 Aprobación das bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para a realización de actividades duranteo o ano 2017. (FO028A)

2017/1819 Aprobación das bases especificas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para investimentos durante o ano 2017 (FO028B)

2017/1861 Aprobación bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para actividades de promoción económica 2017

Máis información no BOP Núm 47, do 10 de marzo de 2017.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.