Numeracion Curtis logos

ECICII PLUS: TALLERES E ASESORAMENTO A EMPRESAS DA EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL

A Xunta de Galicia, a través do Igape e dentro do programa interreg España-Portugal, ECICII Pus 1E, convoca dous talleres dirixidos ás empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

BUSCA DE INFORMACIÓN PARA INTERNACIONALIZACIÓN
Día: 04/12/2018
Horario: de 9 h a 13 h

LICITACIÓNS MULTILATERAIS (nivel iniciación)
Día: 11/12/2018
Horario: de 9 h a 14 h

Lugar: sede do Igape en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n)

Contido dos talleres:
Busca de información para internacionalización: procedementos e técnicas de búsqueda de información sobre comercio internacional na web. Ao remate do taller, os técnicos das empresas asistentes disporán dunha metodoloxía de búsqueda de información e dunha ferramenta práctica en formato dixital para a selección de mercados exteriores, realización de estudios, localización de clientes internacionais, a internacionalización por vías complementarias on line market places, licitacións internacionais...
Licitacións multiraterais: o programa estrutúrase en dous bloques diferenciados:o impartición dun taller de 4 horas de duración e reunións individuais coas empresas participantes no mesmo, cunha duración de unha hora. Unha vez realizada a visión global do mercado e dos procedimentos das institucións, o taller centraráse en ensinar ás empresas participantes a identificar oportunidades de negocio a través de diferentes fontes directas e indirectas e mediante o uso da documentación xenerada polas institucións nas diferentes fases do ciclo.

Asistencia gratuita previa inscripción. Aforo limitado: 20 empresas por taller

Os participantes deberán dispoñer dun dispositivo móvil para acceder a internet.

Estos talleres celebranse no marco do proxecto ECICII Plus para a internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.

Inscrición e máis información

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.