BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS 2019
O 2 de xullo de 2019 publicouse a convocatoria para solicitar o Bono das persoas autónomas para o ano 2019, dirixido a:
- Autónomos/as: Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses cun rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior da convocatoria.
- Sociedades: Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses. Facturación mínima anual 12.000 euros, IVE incluído. Base impoñible no imposto de sociedades inferior a 30.000 euros.
Prazo ata o 2 de agosto de 2019
Máis información: Aquí