CICLO WEBINARS PAÍS. PRIMEIRO ENCONTRO: OPORTUNIDADES PARA AS EXPORTACIÓNS GALEGAS EN CHINA
22 de maio de 2020
A Xunta pon en marcha un ciclo de videoconferencias co obxectivo de afondar nas oportunidades para as exportacións galegas en China, México, USA, Marrocos, Perú, Reino Unido, Israel e India. Representantes das antenas empresariais do Igape e compañías galegas con implantación neses países informarán ás pemes participantes sobre os servizos dispoñibles e ofrecerán claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no exterior.
O primeiro dos encontros online do ciclo Webinars País terá lugar o mércores 27 de maio, a partir das 10h e estará centrado nas vendas galegas en China. Representantes das compañías galegas Gabadi e Finsa expoñerán os retos e oportunidades que este mercado ofrece no novo contexto económico provocado pola crise sanitaria mundial causada polo Covid-19. Na videoconferencia intervirán tamén representantes do ICEX, a Cámara de Comercio da Coruña e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que avanzarán nas claves que poden definir o comercio co país asiático no actual escenario.
Programa: Aquí
Inscricións: Aquí
Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.