EXAME BANER HORIZONTAL

AXUDAS DEPUTACIÓN DE A CORUÑA PARA EMPRENDEDORES/AS

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2023:

·   PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

·    PEL-AUTÓNOM@S:Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.

·     PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

·    PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

As bases das axudas PEL 2023 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia núm.19 do 27 de xaneiro de 2023 ou premendo na seguinte ligazón:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=27/01/2023

O prazo previsto para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP ata o 10 de marzo ás 14.00 horas.

As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Na web do Plan de Emprego Local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2023, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

AXUDAS AGADER MODERNIZACIÓN EMPRESAS (MAQUINARIA/EQUIPOS NOVOS) 2023

Agader a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o 30 de xaneiro de 2023 unha nova  convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias", dentro da medida 6.4 "Investimentos en actividades non agrarias" do PDR de Galicia 2014-2020.

A liña de axudas principal está destinada exclusivamente á modernización de empresas existentes, mediante a adquisición de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

A convocatoria será moi similar á publicada no ano 2021: 

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Axuda Promoción do emprego autónomo 2023

Hoxe, día 24 de xaneiro de 2023, publicouse a convocatoria das axudas a emprendedores para a promoción do emprego autónomo. 

Prazo de solicitude dende o 25/01/23 ao 29/09/23

Máis información: DOG24/01/23 ou no Servizo de Orientación Laboral 981789003 Ext.2037

 

BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

Hoxe, día 24 de xaneiro de 2023, publícase a axuda do Bono das persoas autónomas para a anualidade 2023.

Poderán ser beneficiarios:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réximen especial de autónomos ou mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, cunha antigüedad de alta superior aos 42 meses de maneira ininterrumpida e teñan un rendemento neto reducido dos rendimientos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000,00 euros e unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluido, na declaración referida ao ano 2021.

2. As sociedades de cualquiera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en
Galicia que cumplan uns requisitos establecidos na orde.

Máis información: Aquí ou no Servizo de Orientación Laboral 981789003 Ext.2037

AXUDAS LEADER EMPRENDEMENTO 2023-24

Importante:

Máis información: Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas Betanzos 981669541. 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.