Numeracion Curtis logos

Subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal.

Actuacións subvencionables

1. Liña de dixitalización comercial:

Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.

1.1. Considéranse actuacións subvencionables de dixitalización comercial:

a) Pulo á transformación dixital: implantación e actualización de páxinas web con venda en liña e implantación e actualización de webs comerciais.

b) Optimización e axilización dos procesos comerciais: implantación de ferramentas de xestión e de sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e de software adecuados ás necesidades da empresa, así como as tabletas asociadas con esta actuación.

c) Actuacións de comunicación, publicidade e ferramentas de marketing 4.0, na internet ou utilizando novas tecnoloxías:

A Introdución de ferramentas de marketing 4.0:

AXUDAS PARA A APICULTURA 2020

Curtis, 27 de maio de 2020

Hoxe día 27 de maio de 2020 publicouse a ORDE do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Máis información: Aquí

CICLO WEBINARS PAÍS. PRIMEIRO ENCONTRO: OPORTUNIDADES PARA AS EXPORTACIÓNS GALEGAS EN CHINA

22 de maio de 2020

A Xunta pon en marcha un ciclo de videoconferencias co obxectivo de afondar nas oportunidades para as exportacións galegas en China, México, USA, Marrocos, Perú, Reino Unido, Israel e India. Representantes das antenas empresariais do Igape e compañías galegas con implantación neses países informarán ás pemes participantes sobre os servizos dispoñibles e ofrecerán claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no exterior.

O primeiro dos encontros online do ciclo Webinars País terá lugar o mércores 27 de maio, a partir das 10h e estará centrado nas vendas galegas en China. Representantes das compañías galegas Gabadi e Finsa expoñerán os retos e oportunidades que este mercado ofrece no novo contexto económico provocado pola crise sanitaria mundial causada polo Covid-19. Na videoconferencia intervirán tamén representantes do ICEX, a Cámara de Comercio da Coruña e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que avanzarán nas claves que poden definir o comercio co país asiático no actual escenario.

Programa: Aquí

Inscricións: Aquí

Máis información:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

MEDIDAS ECONÓMICAS COMERCIO, AUTÓNOMOS E PEMES

WhatsApp Image 2020 05 20 at 23.59.19Dende a Xunta de Galicia invitámolo a participar no WEBINAR #SeguimosAdiante – Medidas económicas Comercio, autónomos e PEMES , que terá lugar o vindeiro luns, 25 de maio de 2020, ás 10:00h.

Participarán no evento:

· Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco José Conde López

· Directora Xeral de Comercio e Consumo, D.ª Sol María Vázquez Abeal

· Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, D. Ovidio Rodeiro Tato

Se quere participar deberá rexistrarse facendo clic no seguinte enlace: Aquí

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.