PROGRAMA EMPREGA MULLER
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou un programa de axudas para a contratación de mulleres por conta allea. Prazo aberto ata o 30/09/19
Información da convocatoria: Aquí
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou un programa de axudas para a contratación de mulleres por conta allea. Prazo aberto ata o 30/09/19
Información da convocatoria: Aquí
No BOP Núm. 60 do día 27 de marzo de 2019 publicáronse as subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.
Máis información: Aquí
A Fundación Lonxanet a través do seu Proxecto TransForMar desenvolve un proxecto dirixido aquelas persoas que están pensando en crear unha empresa.
O Proxecto TransforMar en Galicia e Asturias vai seleccionar a 29 persoas emprendedoras da economía azul con impacto social e incidencia positiva no mar, como iniciativa que busca favorecer a innovación en modelos de negocio respetuosos co ecosistema mariño.
TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE: http://www.fundacionlonxanet.org/transformar/
Os proxectos seleccionados recibirán un apoio integral ao emprendemento (modelo de negocio, marketinge comercialización, xestión económica e financeira e comunicación), con sesións de acompañamento individual presencial e online no proceso de desenvolvemento da empresa durante o primeiro ano e acciones de innovación social que aposten polo arraigo dos proxectos no territorio.
#TransforMar forma parte do programa #empleaverde, promovido pola Fundación Biodiversidad (F.S.P.) do Ministerio para a Transición Ecolóxica, ademais ao enmarcarse na temática Empleazul, contribuirá aos obxectivos do proxecto Intemares. A Fundación Biodiversidade actúa como Organismo Intermedio do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE).
INFORMACIÓN: Irene Estévez Souto, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Miriam Montero, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Teléfono 881 87 87 60. Móbil 690 81 67 85.
O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña destinará durante 2019 un orzamento de 5,26 millóns de euros para apoiar ás pequenas e medianas empresas da provincia na contratación de novos traballadores e traballadoras e para apoiar aos emprendedore/as da provincia no impulso ás iniciativas empresariais da recente creación.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe 6/3/19 as bases das liñas de subvencións PEL- PEMES e PEL-EMPRENDE 2019. Tipos de liñas:
- Inversión: Para que os autónomos e empresas poidan realizar inversións nas súas empresas. O porcentaxe máximo a conceder é do 80% sobre o presuposto presentado ata un máximo de 20.000 euros. Máis info. Aquí
- Contratación e Mantemento de Persoal nas empresas. Máis info. Aquí e Aquí
- Actividades (Responsabilidad Social Empresarial, Marketing e Comunicación e Competitividade de Expansión). Máis info. Aquí
Estas axudas ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2019 coa finalidade da promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Liña 1: Promoción do emprego autónomo. Axudas económicas a persoas que inicien actividade empresarial entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive
Liña 2: Axudas para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
Prazo de solicitude: 26/01/2019 - 30/09/2019. Máis información do procedemento: Aquí
Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Telf.: 981789003 Ext.2037