PROGRAMA PROFESIONAIS 4.0 - INCORPORACIÓN DE NOVOS TITULADOS A ACTIVIDADES DE MELLORA COMPETITIVA DAS EMPRESAS (2019)
O DOG do pasado 6 de agosto publicou a RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a incorporación de novos titulados a actividades de mellora competitiva das empresas (programa Profesionais 4.0), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG502A).
Esta convocatoria financia a contratación, a tempo completo, con carácter indefinido ou cunha duración mínima de 12 meses, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de FP ás empresas ou a outras entidades de soporte, para realizar traballos que melloren as capacidades do tecido empresarial. A retribución salarial anual bruta que percibirá cada persoa contratada non será inferior a 19.000 euros.